O Hotel Rotilio e Casa Cacheiro participaron na Xornada “FEMININO SINGULAR – Traxectorias estelares na hostalería”

O Hotel Rotilio e Casa Cacheiro participaron na Xornada “FEMININO SINGULAR – Traxectorias estelares na hostalería”

07/03/2018 - 11:00

No marco das actividades programadas por Turismo de Galicia na semana do “Día Internacional da Muller”, o Hotel Rotilio e o aloxamento rural Casa Cacheiro participaron o pasado luns na Xornada “FEMININO SINGULAR – Traxectorias estelares na hostalería” organizada polo Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) en colaboración co Hotel Quinta da Auga. Ao […]

No marco das actividades programadas por Turismo de Galicia na semana do “Día Internacional da Muller”, o Hotel Rotilio e o aloxamento rural Casa Cacheiro participaron o pasado luns na Xornada “FEMININO SINGULAR – Traxectorias estelares na hostalería” organizada polo Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) en colaboración co Hotel Quinta da Auga.

Ao longo da xornada, que foi inaugurada por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, a responsable de cociña do Hotel Rotilio, Manicha Bermúdez, participou na presentación xunto con outras responsables de establecementos, para despois dar paso a un debate aberto a todas as participantes, presentado por Fernanda Tabarés, directora de Voz Audiovisual.