O Pazo de Altamira participou na elaboración dun menú con motivo da celebración do Banquete de Conxo

O Pazo de Altamira participou na elaboración dun menú con motivo da celebración do Banquete de Conxo

23/04/2018 - 13:21

O Pazo de Altamira, entre outros, foi un dos restaurantes que, con motivo da celebración do Banquete de Conxo, ofreceu un menú onde se incluía un prato elaborado con cabra, por ser un alimento propio dos pratos tradicionais nas festas na vila de Santiago. Esta iniciativa, impulsada polo Concello e por Hostalería Compostela, supón unha […]

O Pazo de Altamira, entre outros, foi un dos restaurantes que, con motivo da celebración do Banquete de Conxo, ofreceu un menú onde se incluía un prato elaborado con cabra, por ser un alimento propio dos pratos tradicionais nas festas na vila de Santiago. Esta iniciativa, impulsada polo Concello e por Hostalería Compostela, supón unha aposta polo turismo gastronómico e tivo moi boa acollida entre os cidadáns. Levouse a cabo na carballeira de Conxo, á beira do Sar, e contou cun mercado do libro e da artesanía, actividades para nenos, mesas redondas e outras accións para comprender mellor a historia deste episodio da historia de Galicia do século  XIX.