Co obxectivo principal de controlar a intrusión profesional en distintos campos, protexendo tanto aos usuarios coma aos empresarios do sector, o Plan de Inspección Turística deste ano fará un especial seguimento no Camiño de Santiago, das novas formas de aloxamento e dos establecementos situados en cidades e zonas costeiras, ademais da zona da Ribeira Sacra. […]
Co obxectivo principal de controlar a intrusión profesional en distintos campos, protexendo tanto aos usuarios coma aos empresarios do sector, o Plan de Inspección Turística deste ano fará un especial seguimento no Camiño de Santiago, das novas formas de aloxamento e dos establecementos situados en cidades e zonas costeiras, ademais da zona da Ribeira Sacra. O labor inspector, que se desenvolverá con especial intensidade a partir da Semana Santa, abrangue as catro provincias, en especial o Camiño de Santiago, co fin de verificar o cumprimento da normativa turística galega en establecementos de aloxamento turístico, así como nos de restauración. Tamén se levará a cabo unha particular comprobación da oferta de aloxamento que se comercializa a través da internet.
No campo concreto da intrusión profesional, prevense varias accións que dan continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos, con varias novidades, pero ademais vixiaranse os servizos ofertados por albergues turísticos, apartamentos e vivendas turísticas, nos que se comprobará que o seu período de funcionamento coincide co que figura no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT). No referido ás vivendas de uso turístico, ordenadas desde maio do pasado ano a través dun novo decreto, comezarán a controlarse as plataformas de comercialización de aloxamentos turísticos na internet, coa finalidade de detectar posibles situacións de intrusión, do mesmo xeito que coa actividade dos guías turísticos nos centros de maior afluencia.
Para rematar, impulsarase unha campaña especial dirixida ás axencias de viaxes para o seguimento do novo sistema de garantías introducido a través do recente Decreto 25/2018, que adecúa a nosa situación ao marco comunitario.