O proxecto Protura, formación gratuita en turismo sustentable para profesionais turísticos

O proxecto Protura, formación gratuita en turismo sustentable para profesionais turísticos

29/05/2018 - 12:17

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto Protura, dirixido a profesionais turísticos de Pontevedra e Castilla la Mancha que estean interesados en desenvolver o seu proxecto empresarial baixo os criterios do turismo sustentable ou formarse niso. A devandita formación levarase a cabo a través de formacións online ou  semipresenciais co fin de informar, […]

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto Protura, dirixido a profesionais turísticos de Pontevedra e Castilla la Mancha que estean interesados en desenvolver o seu proxecto empresarial baixo os criterios do turismo sustentable ou formarse niso.

A devandita formación levarase a cabo a través de formacións online ou  semipresenciais co fin de informar, formar e asesorar sobre os principios do turismo sustentable para que poidan traducirse en prácticas de xestión. Estes principios teñen como propósito minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística no ámbito sociocultural, ambiental e empresarial. O proxecto consta de cursos de formación a distancia e mixta, e dun asesoramento mixto.

Así, impartiranse oito tipos de accións, presenciais e en liña, con contidos vinculados ao turismo rural sustentable, o impacto do turismo sobre o medio ambiente, potencial endóxeno dos recursos da zona, etc. Ademais, haberá accións específicas de apoio desde xuño a setembro para asesorar sobre turismo sustentable, accións para minimizar o impacto negativo do turismo, etc.

Os cursos de formación a distancia (50 horas) abren as súas plataformas a partir do 28 de maio, mentres que a formación mixta (10 horas presenciais e 40 horas a distancia), impartiranse no Grove, A Estrada e A Guarda.