O Rei Felipe VI recibe á FEHR no seu 40º Aniversario

O Rei Felipe VI recibe á FEHR no seu 40º Aniversario

02/04/2018 - 15:17

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, estivo presente, como membro do Comité Executivo da Federación Española de Hostelería (FEHR), na recepción que a Federación mantivo coa súa Maxestade o Rei Felipe VI, con motivo do 40º aniversario da entidade asociativa. Durante o acto fíxoselle entrega […]

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, estivo presente, como membro do Comité Executivo da Federación Española de Hostelería (FEHR), na recepción que a Federación mantivo coa súa Maxestade o Rei Felipe VI, con motivo do 40º aniversario da entidade asociativa. Durante o acto fíxoselle entrega da Insignia de Ouro da Federación a Cheché Real, como mostra de agradecemento á súa contribución no fomento e promoción da actividade hostaleira no país e Cheché Real aproveitou a ocasión para entregarlle á Súa Maxestade unha placa de Sargadelos coa lema: “E para comer, Lugo” e un exemplar da última edición da guía turística da provincia.