O Restaurante A Carballeira Santa Cruz estará presente na 18º edición de ‘Celebra, Salón de vodas, comuñóns, bautizos e actos sociais’

O Restaurante A Carballeira Santa Cruz estará presente na 18º edición de ‘Celebra, Salón de vodas, comuñóns, bautizos e actos sociais’

11/10/2017 - 13:46

O Restaurante A Carballeira Santa Cruz, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, estará presente durante esta fin de semana (14 e 15 de outubro) na Fundación Expourense, na 18º edición de ‘Celebra, Salón de vodas, comuñóns, bautizos e actos sociais’. Unha ducia de sectores estarán presentes nesta edición de ‘Celebra’, destacando […]

O Restaurante A Carballeira Santa Cruz, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, estará presente durante esta fin de semana (14 e 15 de outubro) na Fundación Expourense, na 18º edición de ‘Celebra, Salón de vodas, comuñóns, bautizos e actos sociais’. Unha ducia de sectores estarán presentes nesta edición de ‘Celebra’, destacando a oferta na restauración, organización de viaxes e animación de eventos, que contan con maior representación.

Tamén terán o seu espazo a moda nupcial e de festa, o aluguer de vehículos, a xoiería, a perruquería e estética, a fotografía, floristería, regalos e prensa especializada. Destaca a presenza de varias empresas dedicadas á organización integral de eventos e animación, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas. En total, serán máis de 60 expositores os que presentarán a calidade, o deseño e a orixinalidade cos que traballan as empresas ourensás, xa que ao redor do 90% proceden desta provincia.

As pasarelas, que terán lugar tanto o sábado coma o domingo ás 18:00 h, volverán convocar o público que se achegue a coñecer as últimas tendencias en moda nupcial e de festa. As empresas expositoras ven en ‘Celebra’ unha oportunidade para reactivar o comercio polo miúdo nunha cita á que acode público obxectivo na busca dos produtos e servizos especializados. Ao mesmo tempo, poderán captar novos clientes a curto e medio prazo. “Celebra” concentra un importante volume de negocio, xa que o custo medio dunha voda en Galicia (100 convidados) rolda os 16.534 euros (ano 2015), segundo datos da Federación de Usuarios Consumidores Independientes (FUCI).