O restaurante A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo), establecemento certificado por Galicia Calidade, foi distinguido co Plato de Ouro de Radio Turismo no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou o pasado fin de semana en Ourense. A Mirandilla é un restaurante con máis de dez anos de historia no que se combina a […]
O restaurante A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo), establecemento certificado por Galicia Calidade, foi distinguido co Plato de Ouro de Radio Turismo no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou o pasado fin de semana en Ourense.
A Mirandilla é un restaurante con máis de dez anos de historia no que se combina a aposta por unha ampla variedade de pescados e mariscos con carnes e sobremesas innovadoras. Ademáis de estar acollido á marca Galicia Calidade, A Mirandilla conta coa distinción Q de Calidade Turística.
Outros restaurantes que recibiron o galardón na presente edición foron Os Cachivaches (Lugo), A Palleira (Ourense), Vila Real (Ourense), Momentos-San Miguel (Azores), Tabua D’aco (Portugal) e Stylo (Panamá).