O restaurante A Mirandilla na guía Condé Nast Traveller

O restaurante A Mirandilla na guía Condé Nast Traveller

06/11/2017 - 14:01

O restaurante A Mirandilla, establecemento pertenecente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, aparece na guía Condé Nast Traveller como un dos lugares favoritos do cociñeiro Iván Domínguez. Na guía Condé Nast Traveler recóllense as principais recomendacións culinarias de toda España e unha selección dos cociñeiros máis destacados do panorama nacional. Atópase dividida en […]

O restaurante A Mirandilla, establecemento pertenecente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, aparece na guía Condé Nast Traveller como un dos lugares favoritos do cociñeiro Iván Domínguez.

Na guía Condé Nast Traveler recóllense as principais recomendacións culinarias de toda España e unha selección dos cociñeiros máis destacados do panorama nacional. Atópase dividida en 17 capítulos, cada un deles dedicado a unha comunidade autónoma, onde os chefs amosan as bondades culinarias e os lugares favoritos de cadansúa terra.