O Restaurante España estará na feria FIBEGA en Buenos Aires.

O Restaurante España estará na feria FIBEGA en Buenos Aires.

12/09/2017 - 13:15

A organización da feira FIBEGA (Feira Iberoamericana de Gastronomía) de Bos Aires, convidou o Restaurante España, de Lugo, como modelo de cría e consumo de boi. No transcurso deste famoso evento, que terá lugar esta fin de semana, do 15 ao 17 de setembro, os irmáns Francisco e Héctor López presentarán un relatorio sobre como […]

A organización da feira FIBEGA (Feira Iberoamericana de Gastronomía) de Bos Aires, convidou o Restaurante España, de Lugo, como modelo de cría e consumo de boi. No transcurso deste famoso evento, que terá lugar esta fin de semana, do 15 ao 17 de setembro, os irmáns Francisco e Héctor López presentarán un relatorio sobre como se crían os bois, como se fai a maduración da carne e como a serven. Para os irmáns López é toda unha honra que o país máis famoso polas súas carnes repare en como o fan eles. Ademais, terán a oportunidade de conversar e compartir relatorio cos chefs máis famosos do mundo neste prestixioso certame.