O Restaurante España estivo presente na primeira presentación pública da Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia

O Restaurante España estivo presente na primeira presentación pública da Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia

16/03/2018 - 13:34

Onte o Restaurante España estivo presente na primeira presentación pública da Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia organizada polo Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia. Actualmente esta IXP conta con 265 explotacións gandeiras inscritas e 19 industrias cárnicas, das cales catro xa están certificadas. En palabras do presidente do […]

Onte o Restaurante España estivo presente na primeira presentación pública da Indicación Xeográfica Protexida Vaca e Boi de Galicia organizada polo Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia.

Actualmente esta IXP conta con 265 explotacións gandeiras inscritas e 19 industrias cárnicas, das cales catro xa están certificadas. En palabras do presidente do Consello Regulador, Jesús Gonzalez: “a potencialidade e o interese que está a espertar a IXP Vaca e Boi de Galicia, xunto co posicionamento que ten a IXP Tenreira Galega, permítennos falar da boa saúde da que goza o sector vacún en Galicia, un sector que aposta por unha produción de calidade, respectuosa coa tradición e co medio ambiente, que cumpre as condicións de trazabilidade e que chega ao mercado etiquetada e con garantías da súa orixe, baixo dúas marcas recoñecidas: Tenreira Galega, xa consolidada, e agora tamén Vaca e Boi de Galicia, con moito percorrido”.