O Restaurante España participa nunha masterclass no Salón de Gourmets 2018

O Restaurante España participa nunha masterclass no Salón de Gourmets 2018

08/05/2018 - 12:50

Onte abriu as súas portas unha nova edición do Salón de Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, que ata o xoves desta semana ofrecerá as mellores mostras delicatessen do mundo. Todos os que visiten a feira atoparanse con máis de 1.600 expositores, 40.000 produtos e 1.300 novidades que marcarán as tendencias culinarias de 2018. O […]

Onte abriu as súas portas unha nova edición do Salón de Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, que ata o xoves desta semana ofrecerá as mellores mostras delicatessen do mundo. Todos os que visiten a feira atoparanse con máis de 1.600 expositores, 40.000 produtos e 1.300 novidades que marcarán as tendencias culinarias de 2018.

O Restaurante España, certificado por Galicia Calidade, estivo presente onte nunha masterclass na que os cortes alternativos de tenreira e vaca galegas foron os protagonistas.

Por último, destacar que este ano, por primeira vez, o Salón de  Gourmets contará cunha canle,  GourmetsTV, na que se poderá seguir en streaming todo o que vaia ocorrendo durante os catro días que dura o evento. Unha emisión en directo e HD que tamén se poderá seguir a través das redes sociais, onde se darán a coñecer os gañadores dos campionatos, últimas tendencias, firmas participantes, presentacións, chefs de recoñecido prestixio e moito máis.