O Rincón da Baiuca, antiga casa de labranza situada en A Baiuca, á entrada de Muxía, en pleno corazón da Costa da Morte, estrea a placa coa certificación do selo Galicia Calidade. A placa, realizada co cerámica de Sargadelos sinaliza que o establecemento cumpre os requisitos do Prego de Condicións para o uso da marca de […]
O Rincón da Baiuca, antiga casa de labranza situada en A Baiuca, á entrada de Muxía, en pleno corazón da Costa da Morte, estrea a placa coa certificación do selo Galicia Calidade.
A placa, realizada co cerámica de Sargadelos sinaliza que o establecemento cumpre os requisitos do Prego de Condicións para o uso da marca de garantía e o Regulamento de uso da marca. Para conseguir a certificación de Galicia Calidade, o establecemento cumpre os seguintes requisitos básicos:
Esta inscrito no Rexistro de Empresas de Actividades Turísticas
Dispoñe de licenza de actividade
Conta cunha antigüidade mínima de dous anos de experiencia
Ten o certificado de Q de Calidade Turística ou, na súa falta, o selo dunha norma ISO 9001 e o compromiso de calidade turística (SICTED).
A súa oferta gastronómica debe ofrecer unha proporción significativa de receitas galegas, con materias primas amparadas polos selos de certificación de orixe como as denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, etc.
Ofrece unha variedade de viños certificados polas denominacións de orixe galegas.
Os licores tradicionais, como augardentes, licor café, etc., deben estar certificadas polo consello regulador da correspondente Indicación Xeográfica.
Ademais, o establecemento deberá velar pola elevación da calidade dos servizos que presta, ofreciendo a excelencia no servizo, fomentando unha contorna laboral positivo, e fomentando o desenvolvemento sustentable entre outras cosas.