A Deputación de Pontevedra, reuniu o sector turístico nun encontro no que presentou a campaña “Somos historias” centrada no patrimonio e no recoñecemento do labor desenvolvido en 2017, ao ser un ano cun “récord” de visitantes para a provincia, onde se conseguiu atraer a máis dun terzo dos cinco millóns de turistas que chegaron a […]
A Deputación de Pontevedra, reuniu o sector turístico nun encontro no que presentou a campaña “Somos historias” centrada no patrimonio e no recoñecemento do labor desenvolvido en 2017, ao ser un ano cun “récord” de visitantes para a provincia, onde se conseguiu atraer a máis dun terzo dos cinco millóns de turistas que chegaron a Galicia.
Ao longo da gala foron subindo ao escenario 151 entidades, tanto públicas coma privadas, que durante o ano pasado lograron os distintivos de calidade turística SICTED. Alí estiveron presentes dous representantes do Talaso Hotel Louxo La Toja, pertencente ao Grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade. Moitos parabéns!