O VI Foro do Albariño analiza a contribución da calidade á competitividade das adegas

O VI Foro do Albariño analiza a contribución da calidade á competitividade das adegas

07/07/2016 - 08:00

El Foro do Albariño analizará la apuesta por la calidad del sector vitinícola y la contribución que aporta para poder competir en los mercados más exigentes

O VI Foro do Albariño, un evento que este ano se desenvolverá baixo o epígrafe Calidade para a competitividade analizará na presente edición a aposta pola calidade das adegas e o sector vitinícola e a contribución que ten para poder competir nos mercados máis esixentes.

O Foro, organizado pola adega Terra de Asorey -certificada por Galicia Calidade– e a asociación de Adegas do Salnés, celébrase no Pazo de Ulloa (Cambados) e comezará mañá ás 19.30 horas. A asistencia ao foro será totalmente gratuíta, sempre previa confirmación.

Entre os relatores, destacan Alfonso Cabaleiro, xerente de Galicia Calidade, quen  abordará a contribución dos selo de garantía a mellorar a competitividade das empresas nos mercados externos. Sébastien Maurel, director xerente de ISAGRI, un dos programas informáticos máis prestixiosos dos que se utilizan no mundo da agricultura expoñerá o percorrido Da cepa á copa

Pola súa banda, Rafael Cela, catedrático de Química que leva máis de 25 anos traballando en Galicia, realizará unha Aproximación á xestión da calidade desde unha adega. Finalmente, Juan Vázquez Gancedo, presidente do Clúster Alimentario de Galicia e director xeral de Martín Codax explicará o plan estratéxico do clúster.  

Música e cata

Ao concluír os debates, os asistentes gozasen da actuación musical de Xoan Silva e Blas, acompañados de Anxo Xesteira e José María Trigo, e dunha cata dos viños de Terra de Asorei.

A asociaciónde Adegas do Salnés é unha entidade sen ánimo de lucro, constituída no ano 2006, está integrada por adegas e viticultores adscritos á Denominación de Orixe Rías Baixas. Entre os seus obxectivos figuran a promoción da cultura do viño e a súa importancia na configuración social e económica dunha comarca como é a do Salnés.