ObservaTur acaba de publicar o primeiro informe sobre hábitos de conduta dos españois nas súas vacacións

ObservaTur acaba de publicar o primeiro informe sobre hábitos de conduta dos españois nas súas vacacións

02/07/2018 - 14:21

Segundo este informe, no que participaron 1.011 viaxeiros nacionais, máis da metade dos viaxeiros sabe xa o destino e o aloxamento que contratarán, entre os que o hotel segue sendo a tipoloxía favorita para os españois e seis de cada dez, ademais, teñen decidido o transporte e a duración das súas estancias. Na inmensa maioría […]

Segundo este informe, no que participaron 1.011 viaxeiros nacionais, máis da metade dos viaxeiros sabe xa o destino e o aloxamento que contratarán, entre os que o hotel segue sendo a tipoloxía favorita para os españois e seis de cada dez, ademais, teñen decidido o transporte e a duración das súas estancias. Na inmensa maioría dos casos, o destino é considerado bastante ou moi importante para cumprir as expectativas da viaxe. Seis de cada dez viaxeiros esperan que as súas vacacións de verán sexan moi similares á maioría dos veraneos. Á hora de seleccionar destino, só un 20% emprenderá a súa viaxe “soñada” previamente.

Máis información: http://www.observatur.es/observatur/verano-2018-informe-final.pdf