Os establecementos de Galicia Calidade Lecer analizan nunha xornada de traballo os retos comúns e a estratexia de promoción do colectivo Lecer

Os establecementos de Galicia Calidade Lecer analizan nunha xornada de traballo os retos comúns e a estratexia de promoción do colectivo Lecer

29/04/2019 - 14:12

Galicia Calidade celebrou hoxe en Santiago de Compostela unha xornada de traballo cos establecementos integrados en Galicia Calidade Lecer para analizar a estratexia a desenvolver no 2019 en materia de planificación de accións de dinamización e difusión da marca así como da promoción dos establecementos asociados. Os participantes coñeceron da man do equipo coordinador do […]

Galicia Calidade celebrou hoxe en Santiago de Compostela unha xornada de traballo cos establecementos integrados en Galicia Calidade Lecer para analizar a estratexia a desenvolver no 2019 en materia de planificación de accións de dinamización e difusión da marca así como da promoción dos establecementos asociados.

Os participantes coñeceron da man do equipo coordinador do colectivo Lecer o Plan de traballo previsto para este ano, unha análise do traballo desenvolvido e canles de colaboración directa das empresas certificadas.

Na xuntanza estivo presente o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, que sinalou a importancia de establecer sinerxias e colaboracións entre as empresas certificadas e Javier de Miguel, director técnico de Galicia Calidade, que expuso as condicións de uso da marca de garantía galega o compromiso con Galicia e os seus produtos que o selo leva asociado.

Na xornada estiveron presentes os representantes dos establecementos La Bodeguilla de San LázaroLa Bodeguilla de Santa Marta (Santiago de Compostela),  Cantina Río Covés (Pontedeume), Casa de Cacheiro (Silleda), Casa Vixide (Lalín), Hotel Blue Coruña (A Coruña), Hotel Louxo La Toja (O Grove), Restaurante A Taberna (Ourense), Restaurante Carmen (Sanxenxo), Bar Berberecho (Sanxenxo), Restaurante El Refugio (Oleiros), e o Hotel O Semáforo de Fisterra (Fisterra), de próxima incorporación.