Na actualidade calcúlase que ao redor duns catorce millóns de españois sofren algún tipo de alerxia, o que supón un 30% da poboación e prevese que aumente nos próximos anos debido a factores como a polución industrial, o exceso de aditivos alimentario ou o cambio climático. Neste sentido, varios establecementos españois decidiron apostar por un […]
Na actualidade calcúlase que ao redor duns catorce millóns de españois sofren algún tipo de alerxia, o que supón un 30% da poboación e prevese que aumente nos próximos anos debido a factores como a polución industrial, o exceso de aditivos alimentario ou o cambio climático.
Neste sentido, varios establecementos españois decidiron apostar por un concepto que xa está firmemente establecido no sector de restauración, o allergy friendly, ofrecendo aos seus hóspedes habitacións aptas para alérxicos e unha gastronomía que se adecúa a potenciais alerxias ou intolerancias alimentarias.
Este concepto, descoñecido para a maioría, consiste en ofrecer un servizo no que todo o que rodea o aloxamento está coidado ao máximo detalle para acoller hóspedes de todo tipo. Algunhas medidas que tomaron os establecementos son:
- Mobles, paredes e solos teñen que poder lavarse con facilidade, evitando empapelados ou pinturas rugosas ou con gretas, que axudan aos ácaros a instalarse. Poucos mobles, poucos cadros, sen plantas nin alfombras. Cortinas que se laven a miúdo.
- Tanto a almofada coma o colchón deberían ser de goma escuma, con funda de tea sintética transpirable, que debe lavarse con regularidade. Mantas, colchas e sabas deberían ser de fibra ou algodón, lavables tamén e convén evitar a la e as plumas. O colchón debe sacudirse, ventilarse e aspirarse con frecuencia.