Mª Jesús Estévez Feijóo, do Restaurante O Coto (Ourense), establecemento pertencente a Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, xunto a Hortensia Gómez Fraga do Restaurante A Gabeira (Ferrol), Alberto García García, do Mesón de Alberto (Lugo) e Saladina Albar Fernández do Restaurante Casa Otilio (Campelo-Poio) foron recoñecidos onte en Lalín, polo xurado dos XXIV […]
Mª Jesús Estévez Feijóo, do Restaurante O Coto (Ourense), establecemento pertencente a Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, xunto a Hortensia Gómez Fraga do Restaurante A Gabeira (Ferrol), Alberto García García, do Mesón de Alberto (Lugo) e Saladina Albar Fernández do Restaurante Casa Otilio (Campelo-Poio) foron recoñecidos onte en Lalín, polo xurado dos XXIV Premios da Gastronomía de Galicia, un dos premios máis singulares da convocatoria lalinense que recoñecen o labor de toda unha vida ao redor dos fogóns e do traballo e dedicación destes profesionais da gastronomía, na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega”, que se outorga ás persoas cunha dedicación especialmente destacada na cociña en cada unha das provincias galegas.
O tribunal estivo formado polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña como presidente, polo secretario xeral do Concello de Lalín e por representantes do Centro Superior de Hostelería de Galicia, da Asociación de Amigos da Cociña Galega, do Club Gastronómico Rías Altas, da Asociación Gastronómica Xantares, por membros de Eurotoques, Lareira e Xantares, polo delegado de Eurotoques en Galicia e por representantes da Asociación Nove Grupo Gastronómico.
Moitos parabéns!