Os representantes do ITQI visitan a planta de Hijos de Rivera para recoñecer a súa aposta pola calidade

Os representantes do ITQI visitan a planta de Hijos de Rivera para recoñecer a súa aposta pola calidade

01/07/2016 - 08:00

O International Taste & Quality Institute recoñeceu en 2016 a calidade da gama de cervexas 1906 que triunfaron nos premios International Taste Award

Os máximos representantes do ITQI (International Taste & Quality Institute) visitaron as instalacións da cervexeira Hijos de Rivera na Coruña -empresa que conta co certificado Galicia Calidade-, co obxectivo de recoñecer persoalmente a aposta pola calidade da compañía.

A visita dos representantes do ITQI prodúcese despois de que a gama de cervexas 1906 triunfase nos premios Superior Taste Award, que cada ano recoñece en Bruxelas aos produtos que destacan especialmente pola súa calidade a nivel internacional.

Na edición de 2016, a gama de cervexas 1906 foi unha das grandes triunfadoras dos premios internacionais Monde Selection 2016. As cervexas 1906 Reserva Especial e 1906 Rede Vintage conseguiron a máxima cualificación, mentres que a 1906 Black Coupage obtivo dúas Estrelas de Ouro, que a cualifica como unha cervexa de sabor superior

Neste sentido, e dada a longa traxectoria de galardóns que atesouran as cervexas de Hijos de Rivera, os máximos representantes do ITQI quixeron achegarse este ano a entregar persoalmente na Coruña os premios e coñecer de primeira man as instalacións da fábrica.

Christian De Bauw, socio fundador de ITQI, e Ricard Carbonell, representante no mercado español, foron recibidos por Santiago Miguélez, márketing manager, e Luís Alvar, mestre cervexeiro, que lles guiaron polo proceso de elaboración e as características das cervexas de Hijos de Rivera.

Auga de Cabreiroá

O xurado, formado por 60 catadores dos restaurantes máis prestixiosos do mundo, premiaron por unanimidade á gama de cervexas 1906, que conseguiu a máxima cualificación para 1906 Reserva Especial e 1906 Rede Vintage. Ademais, e por segundo ano consecutivo, fóronlle outorgadas a Cabreiroá e Magma de Cabreiroá con gas as 3 Estrelas de Ouro que a certifican como unha auga de Sabor Superior. 

Pola súa banda, Magma de Cabreiroá Orixinal tamén foi distinguida con 2 Estrelas de Ouro. Cabreiroá convértese así no único manancial español que consegue facerse con oito estrelas repartidas entre os seus tres augas, unha das gamas máis amplas do mercado, certificando a importancia dos minerais e o valor monomanantial.

Estes galardóns outórganse mediante unha cata a cegas na que o xurado de expertos valora os produtos, sen envoltorio nin ningún outro tipo de elemento identificativo, para garantir a imparcialidade do veredicto.