Os viaxeiros españois, cada vez máis dixitais na procura e configuración das súas viaxes

Os viaxeiros españois, cada vez máis dixitais na procura e configuración das súas viaxes

06/02/2018 - 11:03

Google levou a cabo un completo estudo no que analiza os hábitos, gustos e comportamentos dos viaxeiros españois. Nos resultados deste informe, Google contempla cinco tipos de viaxeiros: Os que buscan o luxo e novas experiencias Os mochileros, que aproveitan toda a súa imaxinación para sacar o máximo partido a un axustado orzamento Os que buscan […]

Google levou a cabo un completo estudo no que analiza os hábitos, gustos e comportamentos dos viaxeiros españois. Nos resultados deste informe, Google contempla cinco tipos de viaxeiros:

  • Os que buscan o luxo e novas experiencias
  • Os mochileros, que aproveitan toda a súa imaxinación para sacar o máximo partido a un axustado orzamento
  • Os que buscan o confort. Realizan actividades nas súas viaxes, a comodidade está por encima de todo e planifican todo con tempo
  • Os que buscan relax e a comodidade lowcost. As súas vacacións baséanse na comodidade e practicidad
  • O último tipo de viaxe é o denominado bleisure. Son aquelas viaxes de negocios que combinan traballo e pracer, pois se aproveita ao máximo a estancia no lugar.

Ademais desta clasificación, o informe recolle tendencias como a importancia que os viaxeiros concenden a coñecer os custos dos datos por internet, a tendencia á alza das viaxes en parella (63% do total). O que é evidente é que os viaxeiros españois son eminentemente dixitais. Á hora de buscar inspiración para elixir destino internet é fundamental. O 67% dos viaxeiros buscan inspiración en canles dixitais e os móbiles xogan un papel importante nesta fase a través da lectura de blogues, comentarios en fotos, redes sociais ou a visualización de vídeos de Youtube dalgún famoso ou influencer.

O informe conclúe que os viaxeiros españois son cada vez máis dixitais na configuración da súa viaxe, destacando o uso da súa plataforma de vídeo Youtube como ferramenta perfecta para que as marcas se expresen e ofrezan contidos de calidade que, ademais, son demandados polos propios viaxeiros.