Os visitantes a Santiago, A Coruña e Vigo suman o 60% do total de viaxeiros que elixiron Galicia no primeiro trimestre do ano

Os visitantes a Santiago, A Coruña e Vigo suman o 60% do total de viaxeiros que elixiron Galicia no primeiro trimestre do ano

30/05/2018 - 14:47

Segundo os datos achegados por Expedia, as cidades máis visitadas en Galicia no primeiro trimestre do 2018 (que corresponde á tempada baixa) son, por esta orde, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Os visitantes destas tres cidades xuntas suman o 60% dos viaxeiros que veñen a Galicia, o que é consistente coa preferencia polas […]

Segundo os datos achegados por Expedia, as cidades máis visitadas en Galicia no primeiro trimestre do 2018 (que corresponde á tempada baixa) son, por esta orde, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Os visitantes destas tres cidades xuntas suman o 60% dos viaxeiros que veñen a Galicia, o que é consistente coa preferencia polas escapadas de fin de semana, especialmente de turistas nacionais que se desprazan a Galicia nesta tempada, o que fai que a media da estancia se sitúe ao redor dos dous días.

Entre as conclusións do informe tamén se destacou que a demanda cara aos destinos galegos se incrementou nun 25% no primeiro trimestre de 2018 respecto ao ano pasado, aumentando a tarifa media por noite (ADR) nun 10%, o que dá mostra da crecente desestacionalización.

Nesta época do ano os aloxamentos galegos manteñen prezos que os fan moi atractivos para os viaxeiros, e, tendo en conta que se consegue un saudable incremento do ADR, os principais mercados que visitan Galicia son España (que creceu nun 50% respecto ao mesmo período de 2017), EEUU (que se incrementou un 55%), Francia (cun crecemento próximo ao 30% sobre o mesmo período de 2017) e Reino Unido (con incrementos de case o 10%), polo que esforzos de promoción nestes mercados son moi interesantes.