O Monasterio de San Clodio, na provincia de Ourense, acolleu a entrega dos Premios D.O. Ribeiro. Entre os asistentes estiveron presentes autoridades como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, os directores xerais de Gandería, Belén Docampo, de Desenvolvemento Rural, Miguel A. Pérez, ou o director […]
O Monasterio de San Clodio, na provincia de Ourense, acolleu a entrega dos Premios D.O. Ribeiro. Entre os asistentes estiveron presentes autoridades como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, os directores xerais de Gandería, Belén Docampo, de Desenvolvemento Rural, Miguel A. Pérez, ou o director de Agacal, Manuel Rodríguez, entre outros. Tampouco faltou unha importante representación política da comarca así como profesionais chegados de toda España, como almacenistas e xornalistas especializados.
Ademais, na cerimonia recoñeceuse aos profesionais e establecementos galegos que procuran a excelencia. En ‘Mellor Servizo de Viño en Restaurante’ destacouse a Bacelo Taberna Vinaria, de Ourense; o Premio ‘Mellor Tenda Especializada – Vinoteca’ foi a parar á Tenda de Liño na Coruña; e o galardón á ‘Mellor Taberna-Bar de Viños’ recaeu no Tamarindo, tamén situado na cidade das Burgas.