Dende Galicia Calidade, damos os nosos parabéns ao Restaurante Bido, pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, ao cumprir un ano dende a súa apertura. Bido é o primeiro proxecto hostaleiro cento por cento propiedade de Juan Crujeiras. O gusto é o motor que move a vida de Juan Manuel Crujeiras. Tanto polo […]
Dende Galicia Calidade, damos os nosos parabéns ao Restaurante Bido, pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, ao cumprir un ano dende a súa apertura. Bido é o primeiro proxecto hostaleiro cento por cento propiedade de Juan Crujeiras. O gusto é o motor que move a vida de Juan Manuel Crujeiras. Tanto polo produto e por lograr o mellor sabor, coma por facer que quen entra no seu restaurante se sinta feliz.
“A clave é cociñar a gusto”. Dentro desa filosofía de estar a gusto, o equipo humano é fundamental: “podes ser un magnífico cociñeiro pero, sen un bo equipo, todo isto perderíase”. Por iso, gústalle rodearse de grandes profesionais, que sexan próximos e fagan que quen se achega ao seu restaurante se sinta cómodo. Por este motivo, remata Crujeiras sinalando que “A cociña é un sentimento, debe saír de dentro e converterse en algo especial para aqueles que a queiran compartir contigo”.