Parabéns ao Restaurante Yayo Daporta

Parabéns ao Restaurante Yayo Daporta

29/11/2017 - 15:00

Un ano máis, o Restaurante Yayo Daporta, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, conta con Estrella Michelín. Dende o restaurante celebran esta distinción e continúan a súa andaina cargados de proxectos e ganas de seguir traballando duro día a día.  O restaurante, que abriu as súas portas en 2005 nun edificio […]

Un ano máis, o Restaurante Yayo Daporta, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, conta con Estrella Michelín. Dende o restaurante celebran esta distinción e continúan a súa andaina cargados de proxectos e ganas de seguir traballando duro día a día.  O restaurante, que abriu as súas portas en 2005 nun edificio histórico da céntrica Rúa Hospital, conta ademais con dous soles Repsol dende 2015.

O chef Yayo Daporta define a súa cociña como unha cociña galega actualizada, partindo sempre dos mellores produtos que están ao seu alcance e prestando unha especial atención aos mariscos e peixes da tempada, aos que lles aplica as técnicas de cociña máis axeitadas, sen perder de vista a tradición.