Cada ano, Booking.com, o maior agregador e buscador online de reservas de cuartos do mundo, con máis dun millón e medio de establecementos en 226 países e máis dun millón de reservas ao día, premia os establecementos cunha puntuación media de 8 ou máis en 5 ou máis comentarios. É así que, a través dos […]
Cada ano, Booking.com, o maior agregador e buscador online de reservas de cuartos do mundo, con máis dun millón e medio de establecementos en 226 países e máis dun millón de reservas ao día, premia os establecementos cunha puntuación media de 8 ou máis en 5 ou máis comentarios. É así que, a través dos seus Guest Review Awards, destacan os establecementos e comparten a experiencia dos clientes que se aloxaron neles.
Os colaboradores reciben un certificado oficial e un distintivo en forma de adhesivo para mostralo nunha xanela. Neste caso, nos Guest Review Awards 2017, o Hotel Pazo de Altamira, en Santiago de Compostela, establecemento pertencente a Lecer e certificado co selo de Galicia Calidade, recibiu unha estupenda puntuación de 9.3 puntos sobre 10, un resultado moi positivo!
Moitos parabéns!