PRESENTACIÓN
Caldeiras do Castro é un das paisaxes naturais de maior encanto de Muxía. Ademais de fascinarnos cos rápidos e fervenzas do espazo natural, podemos descansar, no silencio quebrado polo son da auga, na área recreativa que hai ao seu carón.
Pasaremos por varios núcleos interiores do concello, onde veremos magníficas vivendas, entre elas dúas casas fidalgas con escudo, e atoparemos a igrexa de Couceiro, construción barroca da primeira metade do século XVIII, na que se conservan tres interesantes retablos. Chegando ao final, camiñaremos acompañados dun bosque de ribeira cheo de especies que crecen á beira do curso do río.