CARACTERÍSTICAS DA RUTA

DIFICULTADE:
Sinxela
DURACIÓN:
4 horas
DISTANCIA:
37 km
CATEGORÍA:
En coche

PRESENTACIÓN

Nesta ruta subiredes cara ao norte desde O Grove ata Cambados bordeando a costa. As paradas que podedes facer serán as seguintes: O Grove, Illa da Toxa, Marisma do Vao, Arnosa, A Fianteira, Esteiro da Chaca, Esteiro do río Umia e Cambados.

*É unha ruta perfecta para gozar do mar, da cultura e tamén da gastronomía e do viño, xa que en Cambados, punto final da excursión e capital do viño Denominación de Orixe Albariño, hai unha grande oferta gastronómica e vinícola.

Esta ruta tamén é unha zona ideal para a observación de aves. De feito, no primeiro, segundo e terceiro punto hai observatorios ornitolóxicos.