CARACTERÍSTICAS DA RUTA

DIFICULTADE:
Sinxela
DURACIÓN:
1 hora
DISTANCIA:
3 km
CATEGORÍA:
A pé
CASAS RURAIS

PRESENTACIÓN

Situada no Municipio de Palas de Rei (Lugo), no tramo alto e novo do río Ulla, xusto onde se unen as augas do río Pambre. Para chegar e gozar do carreiro e torrentes do Mácara podemos ir ata o Castelo de Pambre, seguiremos a estrada LU-4008 en dirección ao pobo de Ramil (e de Melide) e baixando unha pendente, a menos de 2 km do castelo, antes de cruzar unha ponte sobre o río, veremos á esquerda unha pista de terra cun sinal indicando os Torrentes do Mácara. Tomamos esa pista (podemos entrar co coche) e tras uns 100-200 metros chegamos a un souto. Unha vez alí, colleremos un camiño á esquerda que nos levará ao carreiro pegado ao río. O carreiro non é chan nin recto, tendo que rubir por rochas e esquivar árbores, pero non é perigoso e está perfectamente adaptado, mesmo con chanzos de madeira. Evitar iso en caso de levar bicicletas e carriños, pois sería imposible chegar. Comezamos polo carreiro, e ao pouco chegamos a unha preciosa zona coas fervenzas e unha pequena lagoa ou poza, onde poderemos gozar da vista. Se estarmos en silencio mesmo poderemos gozar da fauna que vive nesta preciosa zona.