CARACTERÍSTICAS DA RUTA

DIFICULTADE:
Media
DURACIÓN:
2,5 horas
DISTANCIA:
10 km
CATEGORÍA:
En coche

PRESENTACIÓN

Comezamos o percorrido ante o Mercado de Abastos de Sanxenxo, cruzamos a vila e chegamos á praia de Silgar. Percorrémola para fundirnos coa cor e o balbordo da chamada ‘Marbella galega’. Seguimos ata a praia de Baltar e desde alí continuamos pola estrada ata unha desviación á esquerda que nos leva a Punta Seame, que se abre ao Atlántico, ofrecéndonos unha paisaxe única. Baixamos á praia de Canelas e ao final atopamos un camiño que percorre o cantil que leva a Punta de Cabicastro e á praia de Paxariñas. Aquí hai un camiño que, bordeando o cámping, nos achega ata a praia de Montalvo.