CARACTERÍSTICAS DA RUTA

DIFICULTADE:
Sinxela
DURACIÓN:
1 hora
DISTANCIA:
3 km
CATEGORÍA:
A pé

PRESENTACIÓN

Este pequeno percorrido discorre por varias pistas de terra cubertas de carballos e castiñeiros. O camiño lévanos ata unha xoia, como a igrexa románica de Santa María de Pesqueiras, escondida entre os castiñeiros, á que só se pode acceder por esta ruta. Ademais desta igrexa, poderemos gozar das boas vistas sobre o canón do río Miño e atravesaremos varias zonas de viñedos.