CARACTERÍSTICAS DA RUTA

DIFICULTADE:
Sinxela
DURACIÓN:
2 horas
DISTANCIA:
44 km
CATEGORÍA:
A pé
CASAS RURAIS

PRESENTACIÓN

Esta ruta resulta de extraordinario interese arquitectónico e cultural, debido a que une as igrexas de estilo románico existentes no municipio. A mesma non aparece delimitada en trazo continuo, debido a que admite varios posibles percorridos e algúns deles se solapan nalgúns tramos con outras rutas. Con todo, podemos destacar dous percorridos partindo da vila de Muxía (Igrexa de Santa María): un deles abranguería as igrexas de Santa María de Morquintián, San Cristovo de Nemiña e Santa Leocadia de Frixe; o outro abarcaría as igrexas de San Xiao de Moraime, San Martiño de Ozón e San Pedro de Leis, transcorrendo polo Camiño de Santiago a Muxía ata San Martiño e despois por estradas interiores ata o lugar de Leis.