PRESENTACIÓN
Comeza este camiño en Palas de Rei, onde se atopa Casa de Rouco, antiga casa-torre do século XVI e, seguindo en dirección a Carballal, desviarémonos cara a Curbián onde atoparemos a Casa de Baína e o Pazo de Vilamaior de Ulloa. Desde aquí, poderemos visitar o Pazo de Ouro e o Pazo de Mariñao (século XVIII) en San Pedro de Meixide. Regresando á aldea de Sambreixo, tomaremos unha desviación cara ao sur, pasando polas localidades de Cabana e Podence, en dirección a Pidre. A continuación, achegarémonos ao Pazo de Chorexe. Ao longo deste camiño tamén poderemos observar hórreos e antigos muíños.