PRESENTACIÓN
Esta ruta parte da aldea de Belesar e percorre a beira do río Miño. Trátase dun percorrido sinxelo, con moi pouca pendente, no que se alternan zonas de viñedos con bosques de castiñeiros e de carballos. É recomendable a época da vendima. O traballo nos viñedos dálle un encanto especial ao percorrido. Un ou dous meses máis tarde, no outono, o colorido das viñas e das follas das árbores crean unha estampa única.