CARACTERÍSTICAS DA RUTA

DIFICULTADE:
Sinxela
DURACIÓN:
45 minutos
DISTANCIA:
1,2 kms
CATEGORÍA:
A pé
CASAS RURAIS

PRESENTACIÓN

Esta ruta percorre a cidade de Mondoñedo durante 45 minutos seguindo os pasos de Álvaro Cunqueiro, o gran fabulador da cidade.

Conta con audioguías ficcionadas, deseñadas e realizadas polo Grupo Chévere e cun formato que mestura o documental, o testemuñal e o novelado; entre a ficción e a realidade, como lle gustaba a Cunqueiro.

O roteiro parte do Antigo Consistorio, na Praza da Catedral, e remata no Cemiterio Vello, guiado pola doce voz de “Rula”, quen nos acompaña, xunto coas voces de vecinos e veciñas reais de Mondoñedo, que comparten os seus recordos sobre o escritor. Unha forma nova, emocionante e singular de coñecer unha das vilas máis fermosas de Galicia.

O percorrido pasa ao pé de lugares tan emblemáticos para Mondoñedo como a Catedral, o Seminario Santa Catalina, a Fonte Vella, a Casa Museo Álvaro Cunqueiro ou o Cemiterio Vello.

Para completar a ruta cunha oferta de ocio e gastronomía de calidade, a media hora en coche atópanse, na Mariña Lucense, o restaurante A Mirandilla (Rinlo) e o hotel rural Finca Goleta (Foz), ambos certificados por Galicia Calidade Lecer.

Enlaces ás audioguías:

Información da ruta e fotos: Concello de Mondoñedo