CARACTERÍSTICAS DA RUTA

DIFICULTADE:
Sinxela
DURACIÓN:
4 horas
DISTANCIA:
60 Km
CATEGORÍA:
En coche
CASAS RURAIS

PRESENTACIÓN

A Mariña lucense, atesoura unha calidade paisaxística única en Galicia que a converte nun dos principais destinos para os amantes da natureza. No percorrido que propoñemos, de apenas 60 quilómetros, a primeira parada é Ribadeo, onde se pode visitar o seu centro histórico rico en patrimonio arquitectónico, con pazos e casas grandes, e sobre todo a chamada Torre dos Moreno, construída en 1905. Sen dúbida, a Praia das Catedrais, saíndo pola N-634 en dirección a Foz, é unha marabillosa mostra de arquitectura natural, cun conxunto de arcos, columnas e pasadizos creados pola acción do mar nas enormes rochas da praia. Ao chegar a Foz veremos un pobo no que se funden a praia e a montaña. A nivel monumental destaca a basílica de San Martiño, coa súa fachada do século XII. Saíndo de Foz cara ao interior, pola N-634, chégase a Lourenzá, parada dos peregrinos que fan o Camiño de Santiago do Norte, e regrésase á costa á altura de Burela e Cervo, nos arredores do cal se atopa a histórica fábrica de Sargadelos, da que sae a cerámica máis popular e recoñecida da artesanía galega. Está permitida a visita ás instalacións e dispón dunha gran sala de exposicións e venda. Finalmente, encamiñámonos a Viveiro, onde destaca a súa beleza natural e arquitectónica, como a igrexa e convento de San Francisco, declarados Conxunto Histórico Artístico.