Premio ao restaurante A Taberna de Ourense

Premio ao restaurante A Taberna de Ourense

18/06/2019 - 11:56

O restaurante A Taberna de Ourense recibiu o premio nacional ‘Platos de oro’ de Radio Turismo. Estos galardóns, cuxa entrega de premios tivo lugar en Santiago de Compostela, premian a establecementos do territorio nacional, profesionais e chefs que ‘vivan pola gastronomía’. A Taberna Restaurante, situado no centro histórico de Ourense e integrado en Galicia Calidade […]

O restaurante A Taberna de Ourense recibiu o premio nacional ‘Platos de oro’ de Radio Turismo. Estos galardóns, cuxa entrega de premios tivo lugar en Santiago de Compostela, premian a establecementos do territorio nacional, profesionais e chefs que ‘vivan pola gastronomía’.

A Taberna Restaurante, situado no centro histórico de Ourense e integrado en Galicia Calidade Lecer, é un establecemento especializado na cociña caseira, tradicional e galega que aproveita as boas materias primas da nosa comunidade, frescas e de tempada.

O organizador dos premios ‘Platos de Oro’ é Radio Turismo, un programa radiofónico centrado na potenciación das empresas no sector do comercio, o turismo, a gastronomía e os viños.