Presentación da XVI Edicion do Festival de Cans

Presentación da XVI Edicion do Festival de Cans

08/05/2019 - 10:56

Porriño acolle unha nova edición do archi-coñecido “Festival de Cans”, o evento de curtametraxes que se celebra cada ano. O festival céntrase nas curtametraxes de produción galega, aínda que cada ano faise máis internacional. Así, ademais dos 15 curtos galegos que se exhibirán clasificados en “Ficción e Animación”, mostraranse outras pezas producidas en diferentes partes […]

Porriño acolle unha nova edición do archi-coñecido “Festival de Cans”, o evento de curtametraxes que se celebra cada ano. O festival céntrase nas curtametraxes de produción galega, aínda que cada ano faise máis internacional. Así, ademais dos 15 curtos galegos que se exhibirán clasificados en “Ficción e Animación”, mostraranse outras pezas producidas en diferentes partes do mundo.

Entre o 22 e o 25 de Maio desenvolverase a programación composta por “152 obras audiovisuais 16 esteiras absolutas de curtametraxes e máis de 40 actividades”. Segundo os organizadores, é a edición máis internacional ata a data

Galicia Calidade patrocina o evento coa posta en marcha de diferentes actividades gastronómicas. Óscar del Toro, o recoñecido barista compostelán, ocuparase do café que se servirá en “A Eira de Alicia” coa colaboración de Feiraco, Ingapan e Kiwi Atlántico.

Igualmente, Galicia Calidade ofrecerá aos convidados a comida e a cea do sábado. O chef Kike Piñeiro do restaurante A Horta d’Obradoiro está a cargo da elaboración. É todo un luxo contar cun chef da súa talla, que ademais de ser Premio Nacional de gastronomía, sempre defendeu a calidade do produto galego. Os invitados poderán degustar diversos produtos que achegan empresas con selo de #Galicia Calidade como a Merluza Do Celeiro, as conservas ou as especialidades cárnicas de Torre de Núñez, entre outros.

Estrella Galicia é patrocinador oficial do evento, e tamén colaboran outras adegas galegas como Regina Viarum e Pazo de Villarei.

Un festival con grandes atractivos

Ademais da calidade das actividades gastronómicas, espérase a visita dalgunhas personalidades relevantes do mundo do cinema, como o cineasta madrileño Rodrigo Sorogoyen ou o Gran Wyoming. O cartel musical previsto incorpora diferentes estilos e importantes figuras do panorama acústico.

Sen dúbida vale a pena achegarse durante estes días ao Festival de Cans, para gozar dos curtos, a boa música e as delicias gastronómicas das que gozaremos grazas a excelente materia prima galega.