Todo a punto para disputar, o vindeiro sábado, a competición de 19 km de distancia Triple Corona Illas Atlánticas. O acto de presentación da proba tivo lugar onte no Hotel & Talaso Louxo La Toxa. A travesía a nado entre a illa de Sálvora e O Grove, que conta co patrocinio de Galicia Calidade, reunirá […]
Todo a punto para disputar, o vindeiro sábado, a competición de 19 km de distancia Triple Corona Illas Atlánticas. O acto de presentación da proba tivo lugar onte no Hotel & Talaso Louxo La Toxa.
A travesía a nado entre a illa de Sálvora e O Grove, que conta co patrocinio de Galicia Calidade, reunirá a un total de 161 nadadores de sete países.
Vento en contra, correntes, ondada, baixas temperaturas na auga e a dureza do océano aberto serán algúns dos elementos adversos aos que terán que enfrontarse os participantes, que están obrigados a levar neopreno na travesía.
A Tripla Corona Illas Atlánticas é unha competición con tres probas de natación de 15, 19 e 23 km de distancia –esta última unha das máis duras de España– que se disputan nas rías de Vigo, Arousa e Pontevedra, entre 2018 e 2020. Cada unha das tres travesías sae dunha illa do Parque Nacional: Cíes, Sálvora e Ons, respectivamente.
Os obxectivos deste reto son poñer en valor a riqueza natural das Illas Atlánticas, promocionar as Rías Baixas e converter este desafío deportivo nunha das probas de natación de referencia en España e Europa.
Paralelamente á travesía está prevista unha serie de actividades como a visita guiada a Sálvora de dúas horas de duración, á que acudirán preto de 50 familiares e acompañantes dos nadadores, grazas á colaboración do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Ao finalizar, realizarase unha limpeza da praia do Almacén coa recollida de residuos dentro da campaña emprendida o pasado ano pola organización baixo o lema ´Mollámonos polo medio ambiente`. Ademais, durante a visita guiada, organizarase un concurso de fotografía para escoller as tres mellores fotografías de Sálvora.