Alimentaria 2018, feria líder de alimentación, bebidas e gastronomía en España, contou con case 4.000 expositores e máis de 140.000 visitantes. Nela estiveron presentes produtos galegos de calidade, como bebidas espirituosas, ovos da Granja Campomayor, carne de vacún galega, que visitaba por primeira vez a feira, e facíao no pavillón Intercarn, os xamóns de Torre […]
Alimentaria 2018, feria líder de alimentación, bebidas e gastronomía en España, contou con case 4.000 expositores e máis de 140.000 visitantes. Nela estiveron presentes produtos galegos de calidade, como bebidas espirituosas, ovos da Granja Campomayor, carne de vacún galega, que visitaba por primeira vez a feira, e facíao no pavillón Intercarn, os xamóns de Torre de Núñez, con ovo xamón Duroc reducido en sal, e recoñecido pola Fundación Española do Corazón como “produto alimenticio beneficioso para a sáude cardiovascular”. Tamén viños da D.O Ribeira Sacra, onde estiveron presentes máis de 12 adegas desta denominación de orixe, e da D.O. Monterrei.