Propostas do Hotel Augusta Spa Resort para o Día dos Namorados

Propostas do Hotel Augusta Spa Resort para o Día dos Namorados

02/02/2018 - 15:00

Estás a pensar en como sorprender a túa parella en San Valentín e aínda non decidiches como facelo? Hotel Augusta Spa Resort proponche os seguintes plans para que goces dunha romántica escapada coa túa parella! Situado nunha contorna privilexiada, a 600 metros da Praia de Silgar e a 250 metros do centro urbano de Sanxenxo, o […]

Estás a pensar en como sorprender a túa parella en San Valentín e aínda non decidiches como facelo?

Hotel Augusta Spa Resort proponche os seguintes plans para que goces dunha romántica escapada coa túa parella!

Situado nunha contorna privilexiada, a 600 metros da Praia de Silgar e a 250 metros do centro urbano de Sanxenxo, o Hotel  Augusta Spa Resort elaborou un completo programa de diferentes actividades con motivo da celebración do Día dos Namorados. Nelas, os hóspedes poderán gozar de aloxamento, deliciosos almorzos, acceso ao spa e tratamentos, así como detalles especiais de San Valentín (bombóns, cava, rosas, etc.) dependendo da opción escollida.