Esta semana, na revista Fuera de Serie, a publicación máis sofisticada para os amantes do luxo e da boa vida, onde os principais temas son os personaxes de actualidade e o último en estilo de vida, gastronomía, tendencias e moda, atoparás información sobre o Restaurante España, pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, […]
Esta semana, na revista Fuera de Serie, a publicación máis sofisticada para os amantes do luxo e da boa vida, onde os principais temas son os personaxes de actualidade e o último en estilo de vida, gastronomía, tendencias e moda, atoparás información sobre o Restaurante España, pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, nunha reportaxe realizada por Javier Caballero e Thomas Canet sobre os bois da ‘Finca Recelle’ e a súa prezada carne.
Os irmáns López crían os seus bois cunha alimentación equilibrada e cento por cento natural, seguindo os consellos da tradición, para obter unha das mellores carnes, conseguindo que a degustación resulte unha auténtica delicia.
O sacrificio faise a primeiras horas da mañá, para evitar a tensión do animal, e a carne pasa na cámara un longo período de tempo para obter esas costeletas e solombos capaces de satisfacer o padal máis esixente. Finalmente, o toque principal é o coidado e o bo facer do chef, que a preparará no seu punto xusto e garantirá a mellor das carnes na mesa.