Representantes de Galicia Calidade entregarán galardóns na gran final de Vindetapas

Representantes de Galicia Calidade entregarán galardóns na gran final de Vindetapas

22/03/2018 - 12:01

Hoxe terá lugar a gran final de Vindetapas ás 22:00 h no Museo do Mar de Galicia, onde os catro finalistas, entre eles o Café Bar Os Amigos de Redondela coa tapa “Mijo Verde”, o Parador de Baiona con “Pan-Tajo”, o  Ristorante  Il  Popolo co prato “ Trufa de Caza” e  Ruxe Ruxe de Vigo coa […]

Hoxe terá lugar a gran final de Vindetapas ás 22:00 h no Museo do Mar de Galicia, onde os catro finalistas, entre eles o Café Bar Os Amigos de Redondela coa tapa “Mijo Verde”, o Parador de Baiona con “Pan-Tajo”, o  Ristorante  Il  Popolo co prato “ Trufa de Caza” e  Ruxe Ruxe de Vigo coa tapa “Cantiga de  bacallao e bocareu afumado, meu amigo”, terán que elaborar as súas tapas nun showcooking en directo.

O acto, que estará presentado polo xornalista gastronómico José Manuel García, contará cun xurado formado por seis persoas, entre eles tres cociñeiros, que decidirán cal é a mellor tapa desta edición. E, ademais, tamén se entregarán os galardóns que levou o público ao longo dos catro concursos, que serán entregados por representantes de Galicia Calidade, Talaso-Atlántico, Adegas Vía Romana, Vermú  Galego  Nordesía, Taberna A de Lino e Cabanas de Fraga.