Restaurantes, casas rurais e bloggers gastronómicos participan nun taller de repostaría de Nadal en Santiago

Restaurantes, casas rurais e bloggers gastronómicos participan nun taller de repostaría de Nadal en Santiago

18/12/2017 - 12:50

Con motivo da chegada do Nadal, Galicia Calidade aposta pola continua formación dos seus establecementos pertencentes ao grupo Lecer e certificados co seu selo de calidade. Neste caso, hoxe, luns 18 de decembro celebrarase a primeira edición dunha clase maxistral de repostaría e doces de Nadal, que será impartida por Manuel Garea, un dos sete […]

Con motivo da chegada do Nadal, Galicia Calidade aposta pola continua formación dos seus establecementos pertencentes ao grupo Lecer e certificados co seu selo de calidade. Neste caso, hoxe, luns 18 de decembro celebrarase a primeira edición dunha clase maxistral de repostaría e doces de Nadal, que será impartida por Manuel Garea, un dos sete grandes mestres pasteleiros do momento en Galicia, xunto co chef Fran Sotelino.

Nesta actividade, que se desenvolverá hoxe dende as 10:00 horas ata as 15:00 horas, na academia Hello Cooking, situada na Rúa de Sar nº 95, en Santiago, estarán presentes restaurantes e casas rurais do grupo Lecer, bloggers gastronómicos e ademais estará aberto ao público xeral, en concreto, ás cinco persoas seleccionadas ao azar a través dun concurso realizado na páxina de Facebook de Galicia Calidade.

A través dunha pastelería moderna, que se nutre da tradicional, elaboraranse diferentes receitas de sobremesas típicas de Nadal como un roscón de Reis recheo de nata ao turrón de Xixona, Galette deas Rois e Montblanc entre outros.

Sobre Manuel Garea:

  • Formado na Escola de Hostelería de Santiago de Compostela nas especialidades de cociña “pastelería/panadería” e técnico superior en Restauración.
  • Posteriormente realiza stage de prácticas e traballa en diferentes empresas de restauración como o Hostal dos Reis Católicos, Hotel Puerta del Camino ou Casa Solla.
  • Na súa traxectoria profesional destaca o seu paso por Francia no Restaurant Le Millénaire, cunha estrela Michelin, así como os diferentes galardóns en cociña e pastelería.
  • Actualmente traballa como docente para empresas do sector hosteleiro, Escola de Hostelería, cátering e é colaborador habitual da revista La Alacena Roja.
  • Tamén pertence ao panel técnico de catadores de mel da Xunta de Galicia.

Sobre Fran Sotelino:

  • Cociñeiro
  • Asesor gastronómico de varios restaurantes en Madrid.
  • Xerente e propietario de Bluemoon-Gastro.