O #CocidoDay ou Día Internacional do Cocido é un evento gastronómico que persegue que centos de persoas senten o mesmo día á mesa para gozar dun bo cocido e compartilo en redes sociais. A cita é o vindeiro sábado 23 de marzo. Na edición deste ano participarán máis de 150 restaurantes de 8 países, entre […]
O #CocidoDay ou Día Internacional do Cocido é un evento gastronómico que persegue que centos de persoas senten o mesmo día á mesa para gozar dun bo cocido e compartilo en redes sociais. A cita é o vindeiro sábado 23 de marzo.
Na edición deste ano participarán máis de 150 restaurantes de 8 países, entre os que se atopan os establecementos adheridos a Galicia Calidade Lecer Pazo do Río en Oleiros e Hotel Alfonso IX de Sarria.
A misión do # CocidoDay é que se fale do cocido en todo o mundo, como un símbolo da gastronomía galega e que dea visibilidade á cociña tradicional do país.
En paralelo, os organizadores do día do cocido buscan promocionar Galicia como destino gastronómico apoiando, ademais, aos restaurantes e empresas que se sumen á iniciativa.
(Foto do cocido #GaliciaCalidade de Recetas de Rechupete)