Rosario Quelle e Manuel Balseiro do Hotel Ego, foron galardoados co premio “Toda unha vida nos fogóns”

Rosario Quelle e Manuel Balseiro do Hotel Ego, foron galardoados co premio “Toda unha vida nos fogóns”

20/03/2018 - 12:00

Onte tivo lugar a celebración da gala anual da Asociación Provincial de Hostaleiros en Viveiro, onde Rosario Quelle e Manuel Balseiro do Hotel Ego, foron galardoados co premio “Toda unha vida nos fogóns”. Ambos levaron as rendas do restaurante Nito, un dos máis recoñecidos da provincia de Lugo, garantía da mellor calidade no produto e con […]

Onte tivo lugar a celebración da gala anual da Asociación Provincial de Hostaleiros en Viveiro, onde Rosario Quelle e Manuel Balseiro do Hotel Ego, foron galardoados co premio “Toda unha vida nos fogóns”. Ambos levaron as rendas do restaurante Nito, un dos máis recoñecidos da provincia de Lugo, garantía da mellor calidade no produto e con base na mellor cociña tradicional. 50 anos de casados e 50 de negocio. Co apoio dos seus fillos prolongaron o negocio e adaptárono aos novos tempos, con dous hoteis, primeiro o Ego, en Area, e agora o Hotel Urban.

Máis información: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/viveiro/2018/03/16/asociacion-provincial-hosteleros-celebrara-gala-lunes-viveiro/00031521231411903991154.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbmar