Rubén González Vallejo gaña a IV Gala ShowCooking Mellor Cociñeiro de Galicia

Rubén González Vallejo gaña a IV Gala ShowCooking Mellor Cociñeiro de Galicia

19/07/2018 - 13:19

O xove chef levou os dous galardóns da gala: o premio do xurado e o premio do público. Un galardón que recoñeceu a súa vieira afumada con carballo e loureiro sobre arroz de algas, coa que conseguira xa gañar, por quinto ano consecutivo, o concurso da súa cidade, o Pontedetapas. Un total de 5 profesionais […]

O xove chef levou os dous galardóns da gala: o premio do xurado e o premio do público. Un galardón que recoñeceu a súa vieira afumada con carballo e loureiro sobre arroz de algas, coa que conseguira xa gañar, por quinto ano consecutivo, o concurso da súa cidade, o Pontedetapas.

Un total de 5 profesionais do sector participaron na elección da mellor tapa, pero ademais, o público asistente, entre os que se atopaban xornalistas, blogueiros, políticos e representantes de distintas asociacións relacionadas co turismo ou a gastronomía elixiron tamén a mellor tapa entre as sete que puideron degustar. E o resultado foi unánime. A preparación de Rubén González levou ambos os premios.