Para todos aqueles amantes da natureza, dende Cantina Río Covés, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, propóñenvos esta marabillosa ruta polas Fragas do Eume, unha das mellores mostras do bosque atlántico que existe en Europa, onde poderedes gozar dun paseo primaveral, cunha ampla gama de verdes e abundante auga en copiosas […]
Para todos aqueles amantes da natureza, dende Cantina Río Covés, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, propóñenvos esta marabillosa ruta polas Fragas do Eume, unha das mellores mostras do bosque atlántico que existe en Europa, onde poderedes gozar dun paseo primaveral, cunha ampla gama de verdes e abundante auga en copiosas fervenzas. E, para rematar o día e repoñer forzas tras a ruta, suxírenvos que descansedes e vos relaxedes na cantina, degustando contundentes pratos como a “costrada” e receitas tradicionais de calidade.