Señorío de Rubiós 2015, Gran Baco de Oro Premio Luis Hidalgo ao mellor viño novo español

Señorío de Rubiós 2015, Gran Baco de Oro Premio Luis Hidalgo ao mellor viño novo español

06/06/2016 - 09:00

O Señorío de Rubiós Albariño 2015 logrou o Gran Baco de Ouro Premio Luís Hidalgo, ao mellor viño novo español. Liñar de Vides e Regina Viarum Godello foron galardoados co Baco de Ouro

Señorío de Rubiós Albariño 2015, que conta co certificado Galicia Calidade, acadou o Gran Baco de Oro Premio Luis Hidalgo que otorga a Unión Española de Catadores e que o recoñece como o mellor viño novo español da anada 2015. 

Nesta trixésima edición dos Premios Baco presentáronse 534 referencias procedentes da práctica totalidade das indicacións xeográficas de calidade de España, incluíndo as 49 Denominacións de Orixe. Tamén resultaron premiados con Baco de Oro, o Liñar de Vides 2015, de Señorío de Rubiós; e Regina Viarum Godello 2015, de Adegas Regina Viarum, ambos co certificado Galicia Calidade.

Estos viños foron valorados nunha rigurosa cata a cegas por un xurado composto por 50 catadores pertencentes á UEC, que consideraron que o mellor viño presentado a concurso era o Señorío de Rubiós Albariño.

Esto supón un fito moi importante para a historia da bodega que segue a traballar para recuperar os viños da zona e transmite a esencia e a historia de este “>terroir en cada un dos seus viños. “Con este importante premio queremos recoñecer o esforzo, traballo e lealdade dos nosos socios, viticultores, clientes, amigos e a todo o equipo de traballadores da nosa bodega”, informan os responsables de Señorío de Rubiós.

O Señorío de Rubiós Albariño 2015 destaca por unha nariz máis sutil e complexa e unha boca extraordinaria, froito das condicións climatolóxicas durante o periodo produtivo 2015, que estiveron marcadas por unhas temperaturas superiores ás medias dun ano normal, y de escasas precipitacións.

Catálogo premios Baco