Showcooking con productos Galicia Calidade, a cargo de Iñaki Bretal do Restaurante Eirado da Leña

Showcooking con productos Galicia Calidade, a cargo de Iñaki Bretal do Restaurante Eirado da Leña

09/05/2019 - 14:33

Esta tarde tivo lugar un showcooking con produtos de Galicia Calidade no centro social de Boiro, a cargo do chef Iñaki Bretal, do Restaurante Eirado da Leña. A iniciativa realizouse no marco das “Catas Comentadas” que veñen tendo lugar en Boiro durante as últimas semanas. Na cata de hoxe, os participantes puideron degustar produtos das […]

Esta tarde tivo lugar un showcooking con produtos de Galicia Calidade no centro social de Boiro, a cargo do chef Iñaki Bretal, do Restaurante Eirado da Leña.

A iniciativa realizouse no marco das “Catas Comentadas” que veñen tendo lugar en Boiro durante as últimas semanas. Na cata de hoxe, os participantes puideron degustar produtos das conservas Jealsa Rianxeira e Escurís, certificados con selo de #GaliciaCalidade.

Estas catas, dirixidas ao sector hostaleiro e ao público en xeral, teñen como obxectivo sensibilizar de cara ao uso de produtos galegos de calidade nas nosas cociñas, en particular dos produtos locais.