A tenda Pop Up Galicia, Saberes e Sabores acolleu onte en Madrid un showcooking con produtos Galicia Calidade a cargo de Héctor López, un dos máximos expoñentes da cocina lucense e xefe de cociña do Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade que conta con dous Soles Repsol. As propostas gastronómicas de Héctor López […]
A tenda Pop Up Galicia, Saberes e Sabores acolleu onte en Madrid un showcooking con produtos Galicia Calidade a cargo de Héctor López, un dos máximos expoñentes da cocina lucense e xefe de cociña do Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade que conta con dous Soles Repsol.
As propostas gastronómicas de Héctor López mostraron os sabores de Galicia cos mellores produtos da nosa terra. O menú incluiu unha empanada aberta de millo e berberechos, sardiñas de San Xoán, xema de ovo con carbornara de San Simón, Pescada de Celeiro curada ao allo, Fabas de Lourenzá con costela de boi galego e tarta de queixo.
Para a súa elaboración, varias empresas que contan coa marca de garantía galega cederon os seus produtos, entre elas as fabas de Terras da Mariña, os berberechos Jealsa, sardiñas de Luis Escurís, Torre de Núñez, Pescada de Puerto de Celeiro, Ovos de Granja Campomayor, queixo San Simón da Costa Daniberto e queixo Arzúa-Ulloa de Pazo Anzuxao. E para acompañar os platos, viños das bodegas HGA.
A Tenda Pop Up Galicia, Saberes y Sabores
A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza a terceira edición da Tenda Pop Up Galicia, Saberes e Sabores, que se celebra ata o 21 de abril en Madrid. Na iniciativa poderase tocar e saborear a esencia de Galicia grazas á presenza de profesionais de Artesanía de Galicia, así como de expositores de produtos gastronómicos.